A OMS recomenda un consumo de 50 litros de auga por persoa e día para realizar as actividades mínimas de consumo, hixiene e actividades produtivas.

Visitade a seguinte páxina web http://tierra.rediris.es/hidrored/contenidos.html#AHORRO nela poderedes descargar un programa que vos vai a facilitar o cálculo do gasto que facedes da auga.
PROBLEMAS INTERNOS PROBLEMAS EXTERNOS
Inestabilidade política e social Multinacionais
Débeda externa O sistema capitalista en si mesmo
Empobrecemento económico O sistema non sustentable de abastecemento de auga nos países do Norte
Superpoboación A contaminación
Poboación espallada ou/e illada O desbalde de auga que facemos dende o Norte
Dependencia económica da agricultura Políticas de cooperación internacional inadecuadas que inciden no asistencialismo e non nas capacidades dos pobos


En resumo:

 



http://www.sindominio.net/sositoiz/agua.rtf

Logo da ONUNos anos 90 a poboación mundial comeza a preocuparse pola problemática da auga e a súa transcendencia na vida das persoas, e a percibila como elemento fundamental de desenvolvemento. Desta toma de conciencia xorden actos reivindicativos e de concienciación nos diferentes países. A ONU uniuse a este chamamento remarcando a importancia da auga coma un dereito inherente das persoas nun tratado internacional: “Convención Internacional dos Dereitos da nena e do neno”(1989). O dereito á auga é contemplado a partires desa década coma un dereito ao acceso á auga potable, posto que as persoas precisamos da auga para sobrevivir: para alimentarnos, para manternos sans/as, para preservar o equilibrio ambiental, para xerar enerxía e para manter a estabilidade política e social.

http://www.unhchr.ch/spanish/html/menu3/b/k2crc_sp.htm

A carencia de auga trae como consecuencia múltiples enfermidades, entre as que se atopan a diarrea, enfermidades cutáneas e oculares, infeccións parasitarias, malaria, etc. Milleiros de persoas no mundo que non teñen acceso á auga potable empregan para o seu consumo augas superficiais desprotexidas o que lles acarrea graves enfermidades e en moitos casos a perda da súa vida. Aínda hoxe en día temos que dicir que o 80% das enfermidades nos países en vías de desenvolvemento están relacionadas coa auga, e que entre 4 e 7 millóns de persoas, entre as que se atopan nenas e nenos, morren anualmente por enfermidades relacionadas coa auga.

ORIXE BACTERIANA ORIXE VÍRICA ORIXE PARASITARIA
Febres tifoideas e paratifoideas Hepatite A e E Disentería amebiana
Salmonela Paratyphi Poliomelitis Gastroenterite
Disentería bactilar Gastroenterites agudas e diarreas  
Cólera    
Gastroenterites agudas e diarreas    
Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911