AUGA en Etiopía comezou no ano 2008 como un proxecto de carácter multidisciplinar e inclúe un número importante de accións, que van dende a formación en centros de secundaria, ata a creación dunha exposición ata a celebración de actos públicos de sensibilización e participación. Os obxectivos que queremos acadar con esta actividade son os seguintes:
  • Achegar a realidade de Etiopía, a importancia do coidado ambiental e a desigualdade de xénero.
  • Recadar fondos para os nosos proxectos de Etiopía.
  • Promover un compromiso máis a longo prazo da cidadanía.
Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911