CAMIÑO DA AUGA

10.30 h. Chegada das autoridades públicas convidadas e do voluntariado para o camiño. Recibiraas María Reimóndez, en representación de Implicadas No Desenvolvemento, na Praza da Peregrina.

11.00 h. Comeza o percorrido polas as rúas de Pontevedra, carrexando as garrafas de auga, que irán pasando de persoa a persoa por quendas, xa que se animará ao público presente a unirse ao camiño da auga. O percorrido será o seguinte.

  • Praza da Peregrina
  • Rúa Antonio Odriozola
  • Rúa Laranxo
  • Museo Provincial
  • Rúa Padre Sarmiento
  • Praza de Méndez Núñez
  • Rúa de Isabel II
  • Basílica de Santa María
  • Avenida de Santa María
  • Concello
  • Rúa Michelena
  • Praza da Peregrina

No percorrido contaremos, entre outras con:

  • Rosa Campos, Psicóloga e coordinadora do Centro de Información á Muller
  • Margarita Castejón,Concelleira de Benestar Social do Concello de Pontevedra
  • Carmen Santos, Directora Xeral de Benestar Social do Concello de Pontevedra
  • Celia Alonso, Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Pontevedra
  • Matilde Sanmartín, Asociación “Os tres pinos”, representante no Consello da muller
  • Estrella Cortegoso e Dolores García, representantes da Asociación de mulleres veciñais “O Castelo” de Pontesampaio
  • Eva Fernández Vilar, Consellería de Familia — Servizo Galego de Igualdade
  • Teresa Carril, Presidenta da Asociación de mulleres maltratadas Luz e representante no Consello da muller
  • Beatriz Piñeiro, Presidenta da Asociación de mulleres en igualdade de Pontevedra
  • Carmen Riveiro, Vogalía de mulleres Asociación Pío Lameliña de Bora
  • Pilar Álvarez, Representante da Asemblea de Mulleres de Pontevedra
  • Laura Ogando, representante de Mulheres Nacionalistas Galegas e Concelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Bueu
  • Estefanía Hernández, Campeona de España e de Europa de taekwondo e premio á mellor deportista de 2009 pola Federación Española de Taekwondo.

12.00 h. Comeza, na Praza da Peregrina, a animación na rúa para @s máis pequen@s... ¡e non tanto!

  • Contacontos a cargo de Pavis-Pavós
  • Actuación da banda de gaitas de Pontesampaio
  • Obradoiro de instrumentos con materiais da natureza a cargo da Asociación Vai polo río

13.00 h. Chegada á Praza Maior e lectura do manifesto.

 



Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911