As ciberaccións que se contemplan enmárcanse nestes dous campos:

- Información e participación a través da páxina web de Implicadas.

- A cidadanía poderá subscribir o manifesto que se presentará no acto do camiño da auga. Tentarase buscar o apoio dos grupos políticos e se fose posible do Parlamento de Galicia para esta iniciativa que buscará unha maior implicación de Galicia na erradicación da pobreza en Etiopía a través dunha vía política de non colaboración coa explotación aos países do sur.

Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911