Coa actividade Auga para Etiopía queremos sensibilizar á sociedade galega da importancia do problema da auga en moitas partes do mundo, especialmente en África, a través da nosa experiencia en Etiopía, pero tamén esperamos recadar cartos para continuar financiando os nosos proxectos de xeito cada vez máis independente. Por iso te animamos a que te achegues ao noso stand, que estará aberto na Praza da Peregrina toda a mañá, onde poderás informarte sobre o tema da auga e do resto das nosas actividades, ademais de adquirir produtos fabricados polas mulleres dos nosos proxectos e máis merchandising de Implicadas.

Por suposto, ao longo de todo o ano, a nosa conta de Caixa Galicia (2091 0531 81 3040010798) está aberta a doazóns e, se queres facer o teu apoio máis estable, asóciate!

Do mesmo xeito, estamos abertas a calquera tipo de colaboración cos centros de ensino para impartir charlas sobre a temática da cooperación internacional ou sobre os nosos proxectos. Pode contactar connosco escribindo a esta dirección: info@implicadas.com
Tamén pode acercarse e comentar as súas inquedanzas no noso local en Vigo (Rúa das Camelias nº49, escaleira) ou chamando ó número 886 111 911.


Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911