Distribución por idade Porcentaxe Homes Mulleres
0-14 anos 43,4% 16.657.155 16.553.812
15-64 anos 53,8% 20.558.026 20.639.076
65 anos e máis 2,7% 953.832 1.149.986

http://www.indexmundi.com/es/etiopia/poblacion_perfil.html 
Últimos 10 países do IDH
168 República Democrática del Congo
169 Etiopía
170 Chad
171 República Centroafricana
172 Mozambique
173 Malí
174 Níger
175 Guinea-Bissau
176 Burkina Faso
177 Sierra Leona


http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Pa%C3%ADses_por_%C3%8Dndice_de_Desarrollo_Humano
SECTOR PORCENTAXE
Agricultura 46%
Industria 12%
Servicios 42%

Nota: A agricultura cobre o 90% das exportacións, o 50% do PIB e o 80% do emprego. O café é o produto estrela, que xoga un papel decisivo na economía do país.

http://www.indexmundi.com/es/etiopia/economia_perfil.html
Ano Débeda externa Posición Cambio Porcentual
2003 $5.300.000.000 86  
2004 $2.900.000.000 109 -45,28 %
2005 $2.900.000.000 114 0,00 %
2006 $5.101.000.000 102 75,90 %
2007 $6.038.000.000 93 18,37 %


http://www.indexmundi.com/es/etiopia/deuda_externa.html
POBREZA  
Indice de pobreza 50%
Esperanza de vida ó nacer (mulleres) 50,44 anos
Esperanza de vida ó nacer (homes) 48,06 anos
Mortandade infantil 99,5/1000
Acceso á auga potable 24% da poboación
PIB por habitante 556€
Porcentaxe de desnutrición en menores de 5 anos 47%
DESIGUALDADE DE XÉNERO  
Taxa de alfabetización (homes) 50,3%
Taxa de alfabetización (mulleres) 35,1%
Matriculación masculina en ensinanza primaria 49%
Matriculación feminina en ensinanza primaria 44%
Brecha de ingresos entre homes e mulleres 0,52
Mulleres en cargos de goberno a nivel ministerial 5,9% de cargos
Mulleres en bancadas parlamentarias 7,7 % de bancadas
Porcentaje de mulleres que sufriron violacións 25%
Porcentaxe de mulleres mutiladas 80%
SIDA  
Habitantes infectados pola SIDA 1.500.000 habitantes
Posición que ocupa Etiopía con respecto ós restantes países no número de infectados pola SIDA
O birr (en amhárico “prata”),dividido en 100 centavos é a divisa oficial de Etiopía. Esta moeda foi adoptada no ano 1945 pero daquela era coñecida coma “dólar etíope” e é ó ano seguinte cando pasa a ser coñecida polo seu Nome oficial. Un birr equivale actualmente a 0,0734 €.
O amhárico é a língua constitucionalmente recoñecida en Etiopía. Tamén é coñecido como amarinya, amharinya ou kuchumba e é falado por arredor de 15 millóns de persoas, o que a constitúe como unha das linguas máis empregadas do continente. Do mesmo xeito é a segunda língua máis falada do grupo semítico, tras o árabe. Pero o feito de que sexa a língua oficial non resta que se empreguen arredor de 80 linguas máis no territorio etíope que se corresponden coas máis de 80 etnias, algo que na actualidade se ve reflectido na súa organización territorial.
En Etiopía a poboación repártese case en partes iguais entre cristiáns coptos e musulmáns, habendo tamén unha pequena porcentaxe de xudeus e crenzas animistas no sur do país. En Etiopía, en contraposicións con outros países africanos, a relixión non foi unha importación dos países occidentais senón que foi unha das primeiras nacións en adoptar oficialmente o cristianismo (século IV). Na propia Biblia o nome “Etiopía” (Kush) é mencionado varias veces e é  considerado un lugar sagrado. A igrexa copta etíope posúe o seu propio patriarca, que está en comunión co patriarca copto de Eritrea e co patriarca de todos os coptos, formando así unha única igrexa. A igrexa etíope semella unha fusión co xudaísmo, relixión que se profesaba con anterioridade. Esto é doadamente percibido nas diversas prácticas e crenzas, xa que se fai máis fincapé no Antigo Testamento e se manteñen certas tradicións, como a circuncisión dos nenos, o sacrificio de animais e a construccións dos templos seguindo a estructura do templo de Salomón.

O Islam, a outra relixión maioritaria do país, está presente en Etiopía case dende a fundación da relixión, no ano 615, cando un grupo de musulmáns aconsellado por Mahoma escapou cara Etiopía tratando de fuxir da persecución na Meca. A maioría dos musulmás etíopes son suníes, a secta islámica máis importante.

http://www.temakel.com/texmitcetiope.htm

Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911