Implicadas no Desenvolvemento abriu os ollos ó mundo en Lugo, no ano 1998, configurándose coma unha ONG de desenvolvemento, de xénero, aconfesional, apartidaria e crítica coa nosa sociedade. Posúe un dobre obxectivo, o de reducir as desigualdades que se dan entre os países do Norte e do Sur, nun exercicio de corresponsabilidade e de intercambio no que ambas partes son enriquecidas, e o de erradicar a desigualdade de xénero, presente en tódalas culturas e sociedades ó longo da historia. No noso xeito de entender a cooperación ó desenvolvemento reside a firme crenza de que o cambio estrutural que orixine un mundo máis xusto só será viable coa implicación da sociedade dos países do Norte, o que significa que só a través do traballo simultáneo e a vontade de cambio dun e doutro hemisferio se pode traballar efectivamente en prol do troco estrutural.

www.implicadas.com
www.implicadas.blogspot.com


Cales son os proxectos que IND está a desenvolver en Etiopía?

  • Desenvolvemento comunitario en Addis Abeba
  • Empoderamento de mulleres en Mersa
  • Xestión da auga en Moloxi
  1. Addis Abeba (2.823.167 hab.)
2. Afar
3. Amhara
4. Benishangul/Gumaz
5. Dire Dawa (260.982 hab.)
6. Gambela
7. Harar
8. Oromia
9. Somalí
10. Nacións, nacionalidades e poboados do Sur
11. Tigray

 

Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911