Desenvolvemento comunitario en Addis Abeba

O nivel de pobreza que se rexistra na capital do país, Addis Abbeba, é causa do grande número de persoas que acoden á cidade escapando dunha situación de perigo, necesidades e abusos. Estas persoas adoitan establecer a súa vivenda en grandes zonas de suburvios que rodean o centro de Addis.  Estos cinturóns de pobreza son especialmente crueis coas mulleres e nenas, que moitas veces se vén na obriga de prostituírse para contribuir coa economía familiar ou en moitos casos, para garantir a súa supervivencia.

Este proxecto é unha iniciativa conxunta de Implicadas/os no Desenvolvemento e a organización etíope OPRIFS, que traballa con nenas da rúa en Addis Abeba. O proxecto pretende mellorar as condicións de vida das familias, en particular das mulleres, para evitar que as nenas abandonen os seus estudos e rematen na rúa. O proxecto comezou en 2007 e polo de agora lévanse creado 24 grupos de aforro que aglutinan a unhas 500 mulleres e as súas familias. As mulleres reciben ademais formación sobre xénero e sanidade e apoio educativo para elas e as nenas e nenos. O proxecto pretende seguir creando grupos e dando apoio empresarial, ademais de formar aos homes sobre as cuestións de xénero para que cambien as súas actitudes e constrúan coas mulleres unha sociedade diferente.

O proxecto de empoderamento de mulleres de Addis Abbaba ten como obxectivos mellorar a situación das mulleres cabeza de familia e das nenas da rúa tratando de disminuir deste xeito o número de nenas que traballan na rúa en oficios tales como a prostitución, a venda ambulante ou a esmorga en lugar de acudir á escola.
Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911