Empoderamento de mulleres en Mersa

 

 

Este proxecto nace do traballo conxunto entre Implicadas e a organización etíope WSA. Sitúase na zona de North Wollo (Rexión Ahmará), ao norte do país, nunha das zonas afectadas polas grandes fames dos anos oitenta e que continúa a recibir axuda alimentaria. As beneficiarias do proxecto son mulleres analfabetas, as máis pobres de entre as pobres que viven en dous kebeles de Mersa, nas montañas do norte do pais.

Na zona, non hai experiencias previas de asociacionismo entre mulleres polo que o obxectivo principal do proxecto consiste na creación de grupos de autoaxuda que lles permitan debater sobre as súas preocupacións e problemas ao tempo que se tenta despertar nelas o hábito do aforro e a participación en actividades capaces de xerar ingresos.

Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911