xeneroHai dúas formas de diferenciación entre homes e mulleres. Mentres o sexo fai referencia a aquelas características físicas que nos diferencian o xénero vén determinado por aqueles roles e estereotipos que a sociedade adxudica a homes e mulleres. Estes roles están presentes en tódalas culturas e sociedades e teñen unha forte influencia en canto ás relacións de poder desigual entre homes e mulleres, o acceso ós recursos, beneficios e información, toma de decisións e á división do traballo.
Moza con augaPOBREZA
- As mulleres constitúen o 70% dos 1300 millóns de persoas pobres do mundo (Organización Internacional do Traballo)
- As posibilidades de que unha muller ao chegar á vellez viva na pobreza son maiores cas dos homes (Organización Internacional do Traballo)
- 600 millóns de mulleres son analfabetas, fronte aos menos de  320 millóns de homes.
- Na  África Subsahariana, menos do 50% das nenas están escolarizadas. (2005)
- Segundo o  Banco Mundial, as mulleres do mundo desenvolvido gañan 77 centavos por cada dólar que gañan os homes e nos países empobrecidos esa proporción é de 73 a 1 (2005).

VIOLENCIA
- Cada ano, polo menos 2 millóns de nenas entre 5 e 10 anos son vendidas e compradas como escravas sexuais.
- Estímase que cada dúas horas, unha muller é apuñalada, apedrada, estrangulada ou queimada viva. 
- Durante os conflictos armados o ataque aos dereitos humanos das mulleres   (asasinato, violación, escravitude sexual e embarazo forzado) emprégase como arma de guerra.
- No mundo, 135 millóns de nenas e mulleres sufriron mutilación xenital. A cifra increméntase en dous millóns cada ano (Amnistía Internacional).
- Segundo datos do Banco Mundial, polo menos o 20% das mulleres do mundo teñen sufrido malos tratos físicos ou agresións sexuais.
- Segundo o informe da UNFPA (United Nations Population Fund), unha de cada tres mulleres no mundo será apaleada, obrigada a manter relacións sexuais ou vítima de abusos (2005).

EDUCACIÓN
- Dúas terceiras partes dos 876 millóns de persoas analfabetas do mundo son mulleres (Nación Unidas)
- A alfabetización de mulleres novas (entre 15 e 24 anos) é do 60% fronte ao 80% dos homes (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, 2003)
- As estatísticas indican que ao cumprir os 18 anos as rapazas teñen unha media de 4,4 anos menos de educación que os varóns da mesma idade (Nacións Unidas).
- Dos 121 millóns de nenas/os non escolarizadas/os no mundo, 65 millóns son nenas. (UNICEF)
- As mulleres teñen menos acceso que os homes á formación continuada nas empresas (Organización Internacional do Traballo).

SANIDADE
- Cada ano morren máis de medio millón de mulleres como consecuencia do embarazo e o parto (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento).
- En España a idade media para ter descendencia por primeira vez é de 30 anos; nos países con menos recursos un de cada seis partos corresponde a mozas de 15 a 19 anos (Ministerio de Sanidade e Consumo e Organización Mundial da Saúde).
- Nos países en vías de desenvolvemento non reciben atención prenatal o 35% das mulleres; case o 50% dá a luz sen asistencia de persoal especializado e o 70 % non recibe atención nas seis semanas posteriores ao parto (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, 2003)
- No mundo hai máis mulleres que homes infectadas de sida (PNUD 2003). Na África Subsahariana as mulleres representan o 55% das persoas adultas infectadas polo VIH (Fondo da Poboación de Nacións Unidas 2002)


TRABALLO
- Estímase que o labor non remunerado das mulleres no fogar representa un tercio da producción económica mundial. (Nación Unidas)
- Das mulleres en idade de traballar só traballa remuneradamente un 54 % fronte ao 80% dos homes (Organización Internacional do Traballo)
- As mulleres desempeñan a maior parte dos traballos peor pagados e menos protexidos (Organización Internacional do Traballo)
- Na década dos anos 90 nos países en vías de desenvolvemento as mulleres que traballaban fóra do sector agrícola representaban o 40% do emprego masculino (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento,  2003)
- Globalmente, as mulleres gañan entre un 20 e un 30% menos cos homes e desenvolven tan so o 1% dos cargos directivos (Organización Internacional do Traballo)
- Increméntase o número de mulleres que, tanto legal como ilegalmente, buscan de emprego. As mulleres emigrantes son máis vulnerables á explotación e aos abusos. (Organización Internacional do Traballo)

POLÍTICA
- Segundo cifras da Unión Interparlamentaria (UIP), dun total de 41.845 parlamentarios no mundo, tan só o 14,6% son mulleres.
- Só en sete países do mundo, as mulleres ocupan máis do 30% dos escaños parlamentarios (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, 2003).
- Tan só hai seis países nos que as mulleres ocupen un 30% ou máis dos cargos de nivel ministerial.

Como sabemos, en moitos casos a voz das mulleres non é escoitada e a súa problemática queda nun segundo plano fronte á dos homes, cos que non nos topamos aínda a día de hoxe en pé de igualdade. É por isto que nos países en vías de desenvolvemento esta desigualdade de poder e de toma de decisións provoca que as mulleres vivan en situacións de risco social e se atopen en clara desventaxa económica, educativa, social e política con respecto ós homes. Por outra banda, saír da situación de empobrecemento é moito máis complexo para as mulleres que para os homes a consecuencia dos roles que a sociedade nos adxudica a uns e a outros. Na cooperación ó desenvolvemento esta desigualdade de poder debe de atallarse formulando proxectos nos que a voz das mulleres sexa a protagonista e nos que ningunha actividade prexudique ás mesmas nos diversos ámbitos. Só co enfoque de xénero nos proxectos de cooperación internacional as sociedades serán conscientes dos dereitos e liberdades dos que deberiamos disfrutar as mulleres nos países do Sur.

 



www.nodo50.org/mujeresred/cooperacion-genero.htm
www.stes.es/mujer/62001.pdf

A xestión e abastecemento da auga é unha actividade que cae baixo a responsabilidade das mulleres. Un 90% das mulleres africanas son as encargadas de ir a recoller, transportar e xestionar este recurso para a hixiene e alimentación das súas familias, limpeza do fogar e rego da horta (no caso de que a teñan). Moitas veces teñen que percorrer largos traxectos para poder acceder á auga, polo que a viaxe de volta cunha carga de entre 20 e 30 litros de auga non é unha tarefa doada. Os homes, pola contra, non teñen ningún tipo de implicación nesta tarefa. Esta é unha das actividades que os roles de xénero atribúe ás mulleres e nenas.

 


Os papeis de xénero afectan tamén a conflitos que se poden dar arredor da auga, como o uso diferente que desta fan homes e mulleres. Os usos dos homes (normalmente uso para o gando ou agrícola) tende a primarse sobre o uso doméstico, o cal pode facer que fontes que están máis próximas ás casas sexan utilizadas polos homes en exclusiva ou que restrinxan o acceso ás mulleres durante o tempo que eles as precisan.

http://www.wateryear2003.org/es/ev.php-URL_ID=2543&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
http://www.es.genderandwater.org/page/905

  • O 80% das mulleres son mutiladas
  • O 25% das mulleres sofre violacións
  • Violencia de xénero, agresión físicas e psicológicas
  • Existen matrimonios concertados polas familias entre meniñas e homes adultos
  • É tamén bastante frecuente o matrimonio por rapto

http://www.unicef.org/spanish/infobycountry/ethiopia_statistics.html
http://www.who.int/gender/violence/who_multicountry_study/summary_report/chapter2/es/index2.html

Non debemos pensar que a labor que levan a cabo as mulleres etíopes dista demasiado das tarefas que aquí desenvolvemos as mulleres galegas. Aínda non hai moitos anos que as nosas nais ou aboas acudían a lavar a roupa ó río, a por auga á fonte e se encargaban de todas as tarefas domésticas: lavar, coidado das/os fillas/os, saúde familiar, alimentación, etc. A diferenza é que afortunadamente elas podían acceder á auga máis doadamente e co paso do tempo esa facilidade se incrementou. As prácticas de aprovisionamento da auga que realizan as mulleres etíopes son unha extensión máis das prácticas domésticas que ó longo dos séculos se nos veu adxudicando ás mulleres e que a pesares dos moitos avances neste eido aínda quedan moitas batallas por loitar. Aínda hoxe en día, a pesar dos esforzos por facer un reparto equitativo das tarefas do fogar que permitan ás mulleres avanzar noutros aspectos (laboral, económico, cultural, político, etc) seguimos a levar o groso das actividades da casa sobre o noso lombo. Mulleres etíopes e galegas, e do mundo en xeral, estamos a sufrir aínda no século XXI as consecuencias desta desigualdade de poder existente entre os xéneros.

 

 

Implicadas/os No Desenvolvemento | www.implicadas.org | info@implicadas.org | 886 111 911